CONCRETO — Estudio de Arquitectura CONCRETO — Estudio de Arquitectura
GL ES EN
← Volver ao inicio

Política de privacidade

1. Responsable do tratamento

Gregorio Agís Gómez («CONCRETO — Estudio de Arquitectura»), NIF 44083181R, con domicilio en Avda. de Andurique, 3A, 2ºB, 36163 Poio (Pontevedra). Contacto: gregorio_agis@coag.es.

2. Finalidade

Os datos facilitados a través dos medios de contacto desta web trátanse coa única finalidade de atender consultas e solicitudes relacionadas con servizos de arquitectura.

3. Lexitimación

O consentimento do interesado ao facilitar os seus datos de contacto e, no seu caso, a execución dun futuro encargo profesional.

4. Conservación

Os datos conservaranse mentres exista unha relación ou interese mutuo e, posteriormente, durante os prazos legalmente esixibles.

5. Destinatarios

Non se ceden datos a terceiros, salvo obriga legal. Para prestar o servizo interveñen, como encargados do tratamento e con contrato conforme ao art. 28 do RGPD, o provedor de aloxamento web e formularios (Netlify, Inc.) e o provedor de envío de correo electrónico (Brevo, Sendinblue SAS, con sede na Unión Europea). Netlify pode tratar datos nos Estados Unidos, ao abeiro do Marco de Privacidade de Datos UE-EE. UU. ou, no seu defecto, das cláusulas contractuais tipo aprobadas pola Comisión Europea.

6. Dereitos

Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade dirixíndose a gregorio_agis@coag.es, así como reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es) se considera que o tratamento non se axusta á normativa.

7. Cuestionario de necesidades da área de clientes

Datos tratados: os que o cliente facilita no cuestionario: identificación e contacto, titulares e lugar da obra, características do inmoble ou da parcela, composición do fogar e forma de vida, preferencias de deseño, orzamento e prazos.

Finalidade: coñecer as súas necesidades para preparar a proposta de proxecto e de honorarios e, se é o caso, desenvolver o encargo.

Lexitimación: aplicación de medidas precontractuais a petición da persoa interesada (art. 6.1.b do RGPD) e, se se formaliza o encargo, a execución do contrato.

Conservación: se non se formaliza o encargo, 12 meses desde a súa recepción; se se formaliza, durante a relación profesional e os prazos legais de responsabilidade.

Outras persoas e datos de saúde: se facilita información doutras persoas do seu fogar, debe telas informado previamente. O cuestionario non solicita datos de saúde e pedímoslle que non os inclúa; as necesidades de accesibilidade poden indicarse de forma xenérica, sen referirse a diagnósticos.

Almacenamento: mentres o enche, as respostas gárdanse só no seu dispositivo. Ao envialo, remítense por correo electrónico ao estudo e gárdase unha copia de seguridade no servizo de formularios da web.