Baixo este servizo agrúpanse distintos documentos técnicos que un particular, unha comunidade de propietarios ou unha pequena empresa poden necesitar de xeito puntual: certificar o consumo enerxético dunha vivenda, avaliar o estado de conservación dun edificio, documentar unha patoloxía construtiva ou valorar un inmoble con fins periciais. Cada informe responde a un procedemento e a un formato distintos, pero comparte o mesmo enfoque: visita e inspección directa, análise técnica e un documento claro, coas conclusións xustificadas e, cando corresponda, o seu rexistro ante o organismo competente.
Como traballamos
O encargo iníciase cunha visita de inspección ao inmoble e a recompilación da documentación dispoñible -planos, licenzas, instalacións-. A partir de aí realízase a análise técnica correspondente: cálculo da cualificación enerxética, revisión do estado construtivo do edificio ou estudo da patoloxía detectada. O certificado de eficiencia enerxética trámitase conforme ao procedemento básico de certificación regulado polo Real Decreto 390/2021, e o informe entrégase sempre redactado coas súas conclusións xustificadas.
Que inclúe o encargo
- Certificado de eficiencia enerxética (CEE)
- Inspección Técnica de Edificios (ITE)
- Informes de patoloxías construtivas e peritaxes técnicas
- Valoracións periciais e informes urbanísticos
- Visita de inspección e recompilación de documentación previa