Toda actividade económica que se desenvolve nun local ou nave -desde un comercio ata un taller ou unha explotación agrícola- necesita, con carácter xeral, unha licenza de actividade que acredite que o uso e as instalacións cumpren a normativa aplicable. Este servizo cobre tanto a tramitación de licenzas novas, con ou sen obra asociada, coma a legalización de instalacións ou ampliacións xa executadas que carecen da autorización correspondente, incluída a regularización de vivendas construídas á marxe do planeamento.
Como traballamos
Pártese dunha visita ao local ou á instalación para comprobar o seu estado real fronte á normativa sectorial e urbanística aplicable. A partir de aí redáctase o proxecto ou a memoria técnica necesaria -que, cando hai obra asociada, se axusta tamén á Lei do Solo de Galicia e ao planeamento municipal-, elabórase a documentación esixida polo concello ou organismo competente e realízase o seguimento do expediente durante toda a tramitación administrativa, ata a obtención da licenza ou a certificación de legalización.
Que inclúe o encargo
- Licenzas de actividade, con ou sen obra
- Legalización de obras e instalacións existentes
- Certificados para a regularización de vivendas
- Redacción de proxectos e memorias técnicas
- Tramitación e seguimento do expediente ante a administración